As licenzas de obras para a construción de edificios caen un 1,5% en Galicia en marzo

Por E.P. | VIGO | 30/06/2023 | Actualizada ás 10:25

Comparte esta noticia

As licenzas concedidas para a construción de edificios de nova planta en Galicia situáronse nas 196 en marzo, o que supón unha caída do 1,5% en comparación co mesmo mes de 2022, segundo datos publicados este venres polo Instituto Galego de Estatística (IGE), recollidos por Europa Press.

Destas licenzas, 161 foron concedidas para a construción de edificios residenciais, mentres que 35 serán destinadas para inmobles non residenciais. Pola súa banda, as licenzas para rehabilitación de edificios creceron un 4,4%, ata situarse nas 181. Así, o total de obras levadas a cabo subiu ata 389, oito máis que hai un ano.

En marzo contabilizáronse 212 edificios de nova planta, un 7,8% menos, dos cales 169 eran residenciais, un 3,4% menos. Por iso, creáronse 279 vivendas de nova prata, 4 máis que no mesmo mes de 2022 e 52 por rehabilitación, mentres que se demoleron 25. En total, a variación neta do parque de vivendas foi positiva, con 306 máis.

Entre outros datos, o IGE tamén publica este venres indicadores de accesibilidade á vivenda, que recolle que durante o primeiro trimestre deste ano cada galego destinou de media un 28% do seu salario anual para o pago da súa vivenda, o que supón 2,4 puntos porcentuais máis que no anterior trimestre.

Un guindastre nunha zona de construción de edificios para vivendas
Un guindastre nunha zona de construción de edificios para vivendas | Fonte: Alberto Ortega- inmobiliaria

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta