Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/07/2023 | Actualizada ás 13:45
A Audiencia Provincial de Ourense fixou para este xoves, por terceira vez, o xuízo contra un avogado ourensán acusado de estafar case 28.000 euros a un cliente por servizos que nunca chegou a levar a cabo. O fiscal pide para el tres anos e medio de prisión.
Inicialmente, o xuízo fora fixado para o mes de novembro de 2022, unha data na que non puido celebrarse por enfermidade do avogado defensor. Posteriormente, volveu sinalarse en marzo, cando quedou suspendido pola folga de letrados da Administración de Xustiza.
Segundo recolle o escrito de acusación de Fiscalía, o avogado, colexiado en Ourense, cobrou ata en seis ocasiones contías que oscilan entre os 7.600 e os 1.850 euros a un cliente por xestións non realizou.
En total, está acusado de quedar con 27.919 euros dun cliente que recorreu aos servizos do procesado tras ser demandado. Ademais da pena de cárcere, o Ministerio Público tamén solicita a devolución do diñeiro supostamente estafado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.