O 'Novo San Juan' continúa ardendo á deriva un día despois de declararse o incendio

Os tripulantes atópanse "todos ben" e "tranquilos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/07/2023 | Actualizada ás 19:17

Comparte esta noticia

O pesqueiro de Burela (Lugo) 'Novo San Juan' atópase ardendo á deriva un día despois de declararse o incendio que obrigou a evacuar aos 15 tripulantes, quen foron rescatados polo barco 'Novo Confurco' --con base en Vigo--. Segundo explica o xerente da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela, Sergio López, na última información que lle trasladaron autoridades ás 15,30 deste luns, o barco seguía á deriva e controlado por servizos de Francia.

Igualmente, pediuse axilizar a volta da tripulación, que estaba pendente de prazas para o seu regreso ao longo de próximas horas. Os 15 tripulantes do pesqueiro do 'Novo San Juan', rescatados o pasado domingo polo 'Novo Confurco', chegaron ao porto irlandés de Castletownbere sobre as 8,30 horas deste luns. Os tripulantes atópanse "todos ben" e "tranquilos".

Á súa chegada a porto púñanse a disposición das autoridades para narrar o sucedido e o patrón realizaba a coñecida como protesta de mar, a manifestación formal do ocorrido en caso de sinistro.

Incendio do 'Novo San Juan'. OPP-7 PORTO DE BURELA
Incendio do 'Novo San Juan'. OPP-7 PORTO DE BURELA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta