Rueda preside a toma de posesión de José Antonio Álvarez Vidal como presidente de Portos de Galicia

Nos últimos anos foi xefe territorial na Coruña da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/07/2023 | Actualizada ás 17:20

Comparte esta noticia

O titular da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu este martes a toma de posesión de José Antonio Álvarez Vidal como novo presidente de Portos de Galicia, que releva no cargo a Susana Linguas. No acto, que tivo lugar nas dependencias da Administración autonómica en San Caetano, tamén participou o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, que desexou sorte a Álvarez á fronte deste organismo.

Alí, segundo informou a Xunta, o conselleiro desexoulle sorte a Álvarez na súa singradura fronte a ese "organismo vital para o desenvolvemento económico das zonas costeiras e a xeración de emprego e riqueza nelas". No acto, Álvarez prometeu compromiso e traballo intenso para continuar co impulso dos peiraos galegos e para mellorar a vida da xente da Galicia costeira.

O novo presidente de Portos é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos foi xefe territorial na Coruña da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

Toma de posesión de José Antonio Álvarez Vidal como presidente de Portos de Galicia. MONICA ARCAY CARRO/XUNTA / Europa Press
Toma de posesión de José Antonio Álvarez Vidal como presidente de Portos de Galicia. MONICA ARCAY CARRO/XUNTA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta