A produción industrial crece un 5,6% en maio en Galicia

Baixa moito a industria da madeira pero sobe un 35% a indutria extractiva.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/07/2023 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

O índice xeral de produción industrial creceu un 5,6% interanual en maio en Galicia, o cuarto maior dato por comunidades autónomas, por detrás só de Castela e León (+8%), Canarias (+7,3%) e Aragón (+5,8%), segundo os datos que publica este mércores o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Por destino económico, os bens de consumo anótanse un incremento do 2,5% (cun aumento do 3,9% do non duradeiros e un descenso do 11,5% do duradeiro), os de equipo soben un 12,5% e os intermedios, un 5,4%. Mentres, a enerxía experimenta unha alza do 1%.

No conxunto estatal, a produción industrial creceu un 0,2% interanual o pasado mes de maio, taxa 4,4 puntos superior á de abril. Coa subida de maio, a produción industrial retorna a taxas interanuais positivas despois de rexistrar en abril un descenso do 4%.

A produción da industria de enerxía foi a que máis baixou no quinto mes do ano, cun descenso interanual do 5%. Séguenlles os bens de consumo duradeiro (-4,4%) e os bens intermedios (-4,3%), mentres que os bens de equipo e os bens de consumo non duradeiro aumentaron nun 8,1% e 3,3%, respectivamente.

Por ramas de actividade, as que máis recortaron a súa produción en taxa interanual foron a industria da madeira e a cortiza (-15,8%); a fabricación doutros produtos minerais non metálicos (-13,2%) e as coquerías e refino de petróleo (-10,7%).

Entre os ascensos, os máis pronunciados anotáronllos outras industrias extractivas (+34,9%); industrias extractivas (+33,4%) e a fabricación de vehículos de motor, remolques e semirremolques (+19,2%).

Produción industrial en Galicia. EPDATA
Produción industrial en Galicia. EPDATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta