O TSXG confirma os 19 meses de prisión a un home que mordeu e amputou un dedo a outro no Obradoiro

Os dous, músicos rueiros, discutían pola súa presenza nunha lista para tocar no arco de acceso á praza.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/07/2023 | Actualizada ás 14:45

Comparte esta noticia

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, que condenou a 19 meses de prisión a un home por morder a outro nun dedo da man dereita nun dos accesos á Praza do Obradoiro.

Os feitos tiveron lugar o 1 de febreiro de 2020 cando ambos "estableceron unha discusión relacionada coa anotación nunha lista para actuar nese arco por parte de músicos rueiros".

Durante a disputa, a vítima agarrou e empuxou ao condenado, polo que tamén foi condenada a pagar unha multa de 540 euros, segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Cando ambos caeron polas escaleiras, segundo a resolución da Audiencia, agora confirmada polo TSXG, o acusado mordeulle "no terceiro dedo da man dereita". A vítima necesitou "intervención cirúrxica ambulatoria por amputación da falanxe distal do terceiro dedo".

A Praza do Obradoiro, coa Catedral de Santiago de Compostela
A Praza do Obradoiro, coa Catedral de Santiago de Compostela | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta