Por E.P. | VIGO | 11/07/2023 | Actualizada ás 14:56
Avogados de oficio galegos están "impaciente" tras a convocatoria de folga presentada polo sindicato Venia mentres a Administración non resolva os termos nos que se desenvolverá nin os servizos mínimos establecidos.
Tal como indicou Noemí Muleiro, do grupo de avogados de oficio creado en Vigo, polo momento "ninguén lles comunicou nada" e é que se atopan nun "limbo" porque "non existe ningún tipo de vínculo contractual laboral determinado" dos avogados de oficio coa Administración.
"Realmente non temos dereito a folga", engadiu, explicando que os profesionais que se adscriben á quenda de oficio realizan os seus labores e reciben unha indemnización por iso, pero son autónomos. Por iso, tras a convocatoria de folga, atópanse expectantes a ver como resolve a Administración esta situación e que categoría lles outorga.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.