Suspendida a folga do persoal do comercio de alimentación en Pontevedra tras a oferta de subida do 13%

A parte empresarial da negociación propuxo unha subida o 13%, con cláusula de revisión salarial co IPC real e con carácter retroactivo.

Por E.P. | VIGO | 11/07/2023 | Actualizada ás 19:02

Comparte esta noticia

Persoal do comercio de alimentación da provincia de Pontevedra decidiu suspender os dous días de folga previstos para este mércores e xoves ante a última proposta de convenio colectivo ofrecida pola patronal, que supón unha subida salarial do 13% no catro anos de vixencia do documento.

Tal como informou a Confederación Intersindical Galega (CIG), a parte empresarial da negociación propuxo unha subida o 13%, con cláusula de revisión salarial co IPC real e con carácter retroactivo. En concreto, este 2023 a subida será do 5%, mentres que en 2024 e 2025 o incremento será do 3% e dun 2% en 2026, revisables ao IPC se supera estas cantidades.

Segundo o sindicato, o avance nas negociacións foi posible tras a convocatoria de dous paros de 24 horas lanzadas pola CIG, polo que a patronal convocou ao comité de folga a unha reunión o pasado venres na que puxo encima da mesa unha serie de propostas que finalmente foron aceptadas en asemblea por traballadores do sector. Por iso, suspendéronse os paros coa intención de seguir negociando para pechar o convenio.

Entre outras cuestións, a patronal tamén ofreceu un día máis de vacacións e dous sábados libres ao ano, así como catro días de libre disposición. Así mesmo, aceptou varias cláusulas sobre violencia de xénero e igualdade e xubilación parcial.

Manifestación de traballadores do comercio de alimentación en Pontevedra
Manifestación de traballadores do comercio de alimentación en Pontevedra | Fonte: CIG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta