Investigados dous mozos polo apuñalamento nun brazo a un home na Rúa

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 12/07/2023 | Actualizada ás 10:01

Comparte esta noticia

A Garda Civil tomou declaracion en calidade de investigados a dous veciños da Rúa, de 19 e 22 anos, en relación co apuñalamento nun brazo a un home ocorrido o pasado 5 de xullo neste municipio.

En concreto, son investigados como presunto autor e coautor dun delito de lesións por ferida con arma branca, respectivamente. O caso lévao o Xulgado Número 2 do Barco de Valdeorras. Un home de 37 anos de idade e veciño de Friol  resultou ferido na madrugada do 5 de xullo ao recibir unha puñalada cunha arma branca na Rúa.

O 112 Galicia informaba de que pasadas as 00,00 horas recibiu varias chamadas nas que se avisaba de que o home pedía axuda na vía pública tras sufrir unha agresión na Rúa da Silveira. Ademais, os alertantes sinalaron que se lle estaba practicando un torniquete co obxectivo de deter a hemorraxia. A vítima foi trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).

Garda Civil
Garda Civil | Fonte: 112

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta