Pontón pide o voto "rebelde": "Máis BNG significa menos PP e un escano menos para Feijóo"

Di que son a alternativa para "frear" a un Alberto Núñez Feijóo "cada vez máis aliado dos ultras"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/07/2023 | Actualizada ás 18:10

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, pediu este mércores en Ourense o "voto rebelde, inconformista e de país" para o BNG para "ser a alternativa real ao Partido Popular" e "frear" a un Alberto Núñez Feijóo "cada vez máis aliado dos ultras".

Pontón destacou que o Bloque está a disputar escanos coa dereita en todas as provincias e por iso fixo un chamamento a concentrar o voto, na formación nacionalista, de todos aqueles galegos que "queiran frear a involución do PP e dos ultras". "Máis BNG significa menos PP, máis Bloque un escano menos para Feijóo", prometeu.

Pediu a aqueles que votaron ao BNG nas últimas eleccións, tanto galegas como municipais, que repitan o seu apoio para lograr "un grupo galego forte" no Congreso cos deputados polo catro provincias, e asegurou que o partido terá unha deputada por Ourense e "o PP un escano menos que será clave para que Feijóo e a extrema dereita non gobernen no Estado".

Estas declaracións realizounas a líder nacionalista nun acto con pensionistas en Ourense, onde lembrou que é a provincia con prestacións por xubilación máis baixas do Estado, e aproveitou para reivindicar o traballo realizado pola formación en defensa deste colectivo e de todas as persoas maiores que "nun contexto de subida de prezos e coa bolsa de compra disparadas ven apurados para chegar a fin de mes".

"O noso obxectivo é mellorar a vida das persoas e garantir que despois de moitos anos de traballo teñan unha vida tranquila", indicou Pontón, quen asegurou que o seu partido "plantará cara" ante calquera intento de "dar pasos atrás" no sistema público de pensións, así como ante a idea de subir a idade de xubilación.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, nun acto en Ourense no que participa a cabeza de lista pola provincia ao Congreso, Noa Presas
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, nun acto en Ourense no que participa a cabeza de lista pola provincia ao Congreso, Noa Presas | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta