"A dirección de Correos é unha porca", denuncian os traballadores

Traballadores mobilízanse de novo este venres 21 ante a oficina principal de Santiago, na Rúa do Franco

Por E.P. | Santiago de Compostela | 17/07/2023 | Actualizada ás 13:24

Comparte esta noticia

O portavoz da CIG José Javier Martínez Tourea afirmou que "hai que chamar á dirección de Correos porcos" polas condicións que dispuxo para o concurso do servizo de limpeza, que provocan "dificultades" para un persoal duns 105-110 traballadores na provincia da Coruña, ao redor de 350 en toda Galicia.

En rolda de prensa, o presidente do comité de empresa, Óscar García, denunciou os atrasos no pago das nóminas por parte dunha empresa, SCT Acva, á que "se lle veu moi grande o concurso de Correos". Así, "eran 200 empregados e ponse case en 2000, e non ten infraestrutura nin fondos, polo que se ve", advirte.

Xunto a eles, un representante de CC.OO. sinalou que lle consta que "se está solicitando que rescindan o contrato" polos mesmos motivos polos que se interpuxeron denuncias ante a inspección de traballo: incumprimento nos pagos e falta de plan de igualdade que é "un requisito inescusable", subliñou.

Neste escenario, os traballadores volverán mobilizarse na capital galega este venres 21, ás 11,00 horas, ante a oficina principal de Correos no Franco. O 7 de agosto haberá protesta na oficina principal da Coruña e o 17 na de Vimianzo.

FALTA PERSOAL E MATERIAL

Martínez Tourea censurou que un ente público como Correos trate de "abaratar" custos a través das subcontratas. Segundo denunciou, na empresa do servizo de limpeza "non se están substituíndo baixas nin cubrindo vacacións" e en ocasións son traballadores das propias oficinas os que están a limpar polo menos as zonas de face ao público.

O presidente do comité, pola súa banda, asegurou que hai traballadores da Coruña, Lugo e Ourense aos que "falta material, uniformes..." e "o máis grave son as nóminas". SCT Acva, indicou, leva á fronte do servizo desde febreiro e teno adxudicado por dous anos máis un prorrogable. "Pero esta situación non a podemos aguantar, todos os meses á espera de se imos cobrar o mes seguinte é un sinvivir", incidiu.

Entrada a unha oficina de Correos.. CORREOS
Entrada a unha oficina de Correos.. CORREOS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta