Jácome valida o pacto do PP e a ultradereita de Vox en España

O alcalde de Ourense anuncia que votará por Feijóo nas eleccións do 23X.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 18/07/2023 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, continúa o seu idilio co Partido Popular logo do pacto que esta formación acadou coa súa, Democracia Ourensana, para deixalo gobernar no Concello de Ourense e este, á súa vez, aos populares, na deputación.

O ex presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, tras a reunión na cidade das Burgas antes da pandemia
O ex presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, tras a reunión na cidade das Burgas antes da pandemia | Fonte: EP

Por iso, non ten problemas en anunciar o sentido do seu voto, "al único candidato que es natural de Ourense", en referencias a Feijóo. Un voto que valida, polo tanto, un posible acordo entre o PP e a ultradereita de Vox. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta