Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/07/2023 | Actualizada ás 14:31
O tráfico ferroviario da liña de alta velocidade entre Madrid e Galicia incrementouse un 18% no primeiro semestre deste ano en comparación co mesmo período de 2022, segundo datos ofrecidos por Adif este mércores. No tocante ás vías convencionais, a liña Venta de Baños-León-Ourense-Vigo aumentou un 2,5% neste mesmo período.
O tráfico ferroviario impulsouse un 11,8% no primeiro semestre de 2023 en España grazas á entrada de novos operadores, Ouigo e Iryo, como parte do proceso de liberalización aberto en competencia con Renfe.
Adif explica que o crecemento se debe tamén á progresiva recuperación dos tráficos tras a pandemia e á posta en servizo de novas liñas de alta velocidade, que superan xa os 4.000 quilómetros de vías.
Por tipo de servizos, o incremento máis significativo observouse nos tráficos de Longa Distancia, que avanzaron un 33,2%, sendo aínda máis acentuado na rede de alta velocidade, que creceu un 40,3% e consolidou tráficos superiores aos niveis prepandemia.
Por eixos ferroviarios, nas liñas de alta velocidade, o maior crecemento foi o de Madrid-Levante (+81,8%), impulsado pola entrada de novos operadores e máis quilómetros de alta velocidade en servizo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.