Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/07/2023 | Actualizada ás 14:37
O presidente da Xunta e líder do PP galego, Alfonso Rueda, defendeu este xoves, sobre o debate organizado por RTVE e no que participaron os candidatos á Moncloa Pedro Sánchez (PSOE), Yolanda Díaz (Sumar) e Santiago Abascal (Vox), que "gañou" o que "non estaba", en alusión ao aspirante popular, Alberto Núñez Feijóo.
A preguntas dos medios tras o Consello da Xunta, Rueda ironizou con que o resto de candidatos "botaron moito de menos" a Feijóo "no sentido de que se daban conta de que era quen ía gañar as eleccións". Próbao, ao seu modo de ver, que foi obxecto "de moitas alusións" e mesmo máis das que houbo "entre eles".
Ademais, sobre as "continuas alusións e chiscadelas de complicidade" de Sánchez cara a Díaz, o presidente galego mostrouse convencido de que o líder socialista evidenciou a súa "debilidade" con esta actitude. "Busca demostrar fortaleza uníndose a outros candidatos porque se ve con pouca en por si e con poucas expectativas electorais", resolveu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.