O 6,2% do censo electoral votou por correo, o triple que en 2019

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/07/2023 | Actualizada ás 14:21

Comparte esta noticia

Un total de 138.601 galegos xa exerceu o seu dereito a voto a través de sistema de correo, é dicir, o 6,2% do censo de residentes no catro provincias de Galicia xa optou por manifestarse nos comicios do 23 de xullo.

Con estes datos, facilitados por Correos e que fan referencia ao peche da xornada do xoves (último día para votar en procesos habituais pero que se estendeu a este venres ás 14,00 horas), o voto por este sistema multiplica por tres ao emitido así nas últimas xerais de 2019, cando foron 44.301 votos os recibidos en custodia o último xoves de campaña electoral.

Cos datos actuais, en xeral en toda España, a diferenza entre solicitudes e votos admitidos sitúase actualmente no 6,1%, por baixo do cociente habitual en todos os procesos electorais (7,8% en abril de 2019; 6,6% en xuño de 2016, e unha media do 7,3% considerando todas as eleccións xerais celebradas desde 2008).

En Galicia, exerceron o seu voto 56.307 persoas na Coruña; 41.776 en Pontevedra; 20.468, en Ourense; e 20.050, en Lugo. Se o comparamos coas eleccións xerais de 2019, son algo máis de tres veces máis na Coruña, preto do triplo no caso de Pontevedra e 3,5 veces máis no caso de Lugo, a que máis sobe en voto por correo en relación ao proceso anterior.

Vehículos de Correos no último día para exercer o voto para as eleccións do 23 de xullo de 2023
Vehículos de Correos no último día para exercer o voto para as eleccións do 23 de xullo de 2023 | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta