“O galego popular presenta unha hibridación alarmante”

Usando “unha variedade fortemente erosionada” non se axuda a normalizar o idioma. Esta é unha das teses dos autores de “Modelos de Lingua e Compromiso”; libro de Baía Edicións editado por Xosé Manuel Sánchez Rei. Nesta entrevista, este profesor de Filoxoxía da UDC denuncia, entre outros puntos, que na TVG faise gala de deturpar o galego e di que xornalistas e políticos deberían dar exemplo de boa praxe coa lingua.

Por Manuel Vilas | A Coruña | 17/04/2015 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Xosé Manuel Sánchez Rei, nado na Coruña en 1973, é un filólogo e escritor galego. Segundo resume a Galipedia, licenciouse en Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela en 1997 e doutorouse na Universidade da Coruña en 2001, onde actualmente exerce a docencia como Profesor Titular na Área de Filoloxía Galega e Portuguesa. É secretario da Revista Galega de Filoloxía e membro do seu Consello de Redacción desde o seu aparecemento no ano 2000, colaborando tamén con artigos en Terra e Tempo.

Xosé Manuel Sánchez Rei
Xosé Manuel Sánchez Rei | Fonte: Esta imaxe foi obtida da páxina web da AELG, a Asociación de Escritores en Lingua Galega. As fotos orixinais foron producidas por Santos Díez e Eduardo Castro Bal cunha licenza CC-BY-SA 3.0

Baía Edicións e o Grupo Illa da UDC presentan "Modelos de Lingua e Compromiso", un volume editado por este profesor,  o 5 de maio  na Feira do Libro de Santiago. Nesta conversa abórdase a temática do libro e tamén a situación actual da lingua.

Que motivos os levaron a decidir publicar un libro que reflexiona sobre a calidade do idioma e a súa normalización?

Ben, é unha moi boa pregunta porque demanda ser respondida de varias formas. En primeiro lugar, o libro nace da necesidade de subliñar, contra o que parecen pensar algunhas persoas, que non pode haber unha normalización real da lingua partindo dun modelo hibridizado ou barbarizado a respecto do español, pois esa mestura en si propia supón unha das principais ameazas para a sobrevivencia do galego, xunto á substitución, que é a outra cara da medalla da desaparición do idioma. En segundo lugar, no marco do sempre necesario debate científico-académico, as autoras e autores desta obra propomos  outra visión do que debe ser obxecto de promoción da lingua para a súa normalización, xa que non acreditamos en que facendo uso dunha variedade fortemente erosionada se contribúa nin para a recuperación externa do galego (no uso social) nin para a interna (a limpeza de elementos foráneos desnecesarios, adoito provenientes do español). E en terceiro lugar, trátase de devolver ao pobo galego, que ten e tivo o honroso mérito de conservar o idioma, a súa propia lingua destonada na medida do posíbel de hibridacións que só a danan e asentado na tradición galego-portuguesa. Obviamente, en todo este proceso, muda o grao de responsabilidades:  corresponde ás persoas con proxección pública (políticos, xornalistas, autoridades académicas, profesorado, investigadores da lingua etc.) daren exemplo cunha boa praxe pública da lingua; non se pode exixir a quen que non tivo a oportunidade de estudar galego que o utilice na súa vida diaria como o debe facer unha persoa neses ámbitos públicos.

Na presentación do volume indícase que "dificilmente se pode pensar nunha restauración social da lingua cando o que se pretende restaurar está fortemente erosionado polo español"...

O coñecido como “galego popular” presenta uns niveis de hibridación alarmantes en todos aspectos da lingua (fónico, morfolóxico, sintáctico etc.) e o galego dos medios de comunicación arrastra tamén unha débeda nada desimportante a respecto do español, a cal se traduce, normalmente, nun galego linguisticamente neutro que prefire estruturas coincidentes con esa lingua antes que as máis características. 

Até que punto cree que o galego de uso común perdeu identidade ante o dominio do español en ámbitos como os medios de comunicación?

Hai que notar tamén que o galego ten unha moi pouca presenza nos medios de comunicación, o que sen dúbida non favorece o proceso de normalización.

É esta "erosión" un proceso evítabel? 

Habendo vontade de restauración por parte da administración e do ámbito académico, a tal erosión é reversíbel, mais para isto poder producirse as autoridades políticas e académicas teñen de ter vontade real desa recuperación, o que, como é sabido, cando menos por parte das primeiras, dista moito da realidade. En ningún país do noso ámbito (e penso na Alemaña, Franza, Inglaterra, Portugal etc.) acontece que os membros do goberno empreguen a súa lingua respectiva hibridizada a respecto dunha viciña ou que mesmo fagan gala desa mestura. 

Que medidas serían necesarias tomar polas administracións para este fin?

Todas elas pasan porque se involucren verdadeiramente na restauración interna e externa do galego, para alén de simples efemérides folclóricas ou culinarias; despois, asumido este punto inicial, terían de ser ideadas diferentes actuacións destinadas a contextos e ámbitos particulares: administración,  medios de comunicación etc. E, obviamente, a lingua debería ter unha maior presenza no ensino desde os primeiros anos en que unha crianza asiste ás aulas no colexio, para o cal non serve o actual decreto do PP.

Unha norma do galego máis próxima a norma do portugués sería útil para deter esta "erosión"? 

Non se pode dubidar de que unha maior aproximación ao portugués, que, na realidade, é o galego na súa versión máis internacional, favorecería involuír esa barbarización que sofre o galego na súa confluencia co español, mais, na liña do comentado máis arriba, é tamén necesario que as autoridades políticas e académicas se impliquen de verdade na causa do galego. 

Como pode influír a introducion do portugués como optativa no ensino medio na visión que os mozos teñen da lingua?

O pobo galego está nunhas óptimas condicións para se aproveitar da proxección internacional da súa propia lingua, chamada “portugués” fóra da Galiza; por iso, cunha boa didáctica e unha adecuada praxe do ensino da norma portuguesa, penso que a mocidade podería mellorar a súa percepción do galego se soubese a poderosa axuda que pode ser ter plena consciencia de que o galego é falado por máis de 200 millóns de persoas no mundo.

Por que consideran que a calidade do galego está vencellada coa súa popularización? Un galego máis culto e menos 'popular' limitaría ou axudaría a sua adopción polos máis novos?

As autoras e os autores do libro somos da opinión que a expansión social do galego a través da súa recuperación de usos se acha intimamente unidade a un modelo de lingua digno, xa que dificilemente se pode normalizar unha variedade fortemente influída polo español. Ao mesmo tempo, a lingua debe contar con varios rexistros para ser empregada en contextos ben diferentes e aí teñen cabida tando as variedades máis formais canto as máis populares. Mais ao falarmos de tipos de galego máis populares non estamos a nos referir a variedades coloquiais grandemente interferidas polo español, mais a rexistros populares, claro, aínda que destonados de formas tiradas do castelán. Pode haber unha lingua máis popular que a do cancioneiro anónimo tradicional? Pois ben, xa no século XIX os eruditos que se dedicaron á súa compilación, como Saco Arce ou Pérez Ballesteros, eran plenamente conscientes de que os cantos tradicionais tiñan algúns elementos bárbaros, normalmente lexicais, e ocupáronse moi ben de, nas súas posibilidades, os identificaren.

Un dos xeitos comúns de denominar ao estándar do galego, ás veces críticamente, é o "galego da TVG". Que papel debe xogar a emisora pública na fixación dese estándar? Está a cumprir a súa obriga legal de fomentar a normalización do idioma? 

A TVG ten como unha das súas finalidades promocionar a lingua galega e ser un dos máis importantes factores no seu proceso de recuperación de usos e de prestixio. Por tal motivo, debe contribuír para a proxección da variedade estandarizada, mais tamén ten de se converter nunha ferramenta útil para a dignificación da lingua, o que, coa existencia de determinados programas que mesmo fan gala de deturpararen o galego, pouco ou nada contribúe para a normalización do idioma.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 35 comentarios

13 boeno

Deixando aparte que a autoridade académica que teñen os filólogos galegos é dubidosa porque sempre se lles deu o título polo simple feito de ser nacionalistas, como aos de árabe dábanllo por facerse filoárabes e se entraban no islam xa llo daban con nota; deixando aparte o anterior, o tema é moito mais sinxelo. O galego vai desaparecer porque a xente non o quere, porque está estigmatizado ao se asociar a vellos que ven Luar ou a outros vellos que son nacionalistas, eran novos nos 70 e 80, e que se soportaron por toda a poboación como profesores de galego, coas súas chapas, as súas visións de iluminati, os seus mitins, o seu rollito pedantón como imitando á García Negro, etc.

1 sai do armario boeno, sai

Non creo que os tan válidos argumentos que enumeras sejan as razóns para o teu velado desprezo pola lingua da GZ. Se fas favor explicas as tuas razóns reais.

2 Bonmatuit

Non vos dades de conta de que cada vez que Glory Lake liga unha nova no Twitter Bífido saen os dous trolls e medio que están pola súa causa? Son doadamente detectables e ata riquiños. Eles falan da mascota Gabi, pero deberían dicir "Falangito" e votar a ese partido que defende a súa política lingüística, VOX, en palabras da propia Lake.

12 @Bonmatuit

A ver, pailáns e trols, cando saibades escribir sen dar vergoña terede-la mínima autoridade moral pra opinardes dunha lingua que nin falades ou falades mal. Ide canta-la Rianxeira e deixade que haxa unha variedade culta sen deturpar polo castrapiño dos enxebriños riquiños.

1 MJfx

Falas de pailáns e de saber escribir, pero usas guións como en portugués, non recoñecidos no galego, outro burra zan lusista que non sabe do que fala.

2 farsantes

MJfx está certo. Hai que se ceibar do galego-portugués e disfrutar a liberdade do galego-espanholeiro. Eso sí, obviando o feito de que os que detestan o galego-portugués non falan galego pero se molestan en escrever aquí en castrapo a ver se non se nota.

3 raguista

MJfx, eses guións sempre estiveron recoñecidos, pailán

4 chFe

Na túa vida o estiveron, mer dento.

5 raguista

Ata 2003 ese era o único xeito oficial de escribir segundo as NOMIG, ignorante do carallo, e mesmo aínda está recoñecido polas normas actuais, así que cala a boca antes de dicir parvadas

6 ZvNf

Será nas túas nomig inventadas, pero no galego de verdade nunca se usaron, nin se usarán.

7 raguista

"Galego de verdade"? Vai raña-lo carallo. Páxinas 81, 82 e 83 das NOMIG 2003, pailán: http://academia.gal/documents/10157... Debes ter dez anos, porque sempre se escribiu dese xeito, xa que é a pronunciación de case tódolos galegofalantes (nada de caralladas inventadas por filólogos). Pero non sei que fago explicando isto a un troll pailaroco.

8 skfs

Mira troll mama lon, esas nomig inventadas están feitas pra contentar os lusistas, igual que en galego nunca se dixo os sufixos -bel. A xente nunca usou os guións, só é unha copia dos portugueses, e se queres velo le a Rosalia de Castro e o seu galego auténtico antes da lusificación.

9 raguista

Daquela aínda poñían máis guións que agora, como en pol-o, d-unha, n-esta, etc así que vaite rir da nai que te pariu, moinante.

10 srnF

Pero era pra facer contracións, como se poñían apostrofes, o que queredes os integristas portugueses é colocalo a maneira portuguesa, despois do verbo, pra ir trocando galego por portugués. Non enganades a ninguén coa vosa maldade conxenita.

11 Bonmatuit

Nada, seguen sen diferenciar un pronome átono da segunda forma do artigo. Meus castrapeiriños! :_______) "Facelo ben" "Face-lo pailán / Facer o pailán" Deixádeos.

12 potatheramain@gmail.com

Non sei porque agora non se escribe con guión e antes de 2003 si? Se o guión non facía ningún mal, ao contrario, era a maneira de dicir como we pronuncia esa palabra. Sen guión, bastantes persoas van pronunciar doutro xeito, xa que tendeu a falar como ven escrito

13 potatheramain@gmail.com

Non sei porque agora non se escribe con guión e antes de 2003 si? Se o guión non facía ningún mal, ao contrario, era a maneira de dicir como we pronuncia esa palabra. Sen guión, bastantes persoas van pronunciar doutro xeito, xa que tendeu a falar como ven escrito. O que si que fai mal é que se admitise o "ao" na escrita. Agora hai moita xente que pronuncia "ao" no canto de "ó" (que é a forma autenticamente galega). E iso que non se admitiu na fala.

11 un mais

Resumindo: aquí todo dios fala mal o galego menos eu e catro amigos guais que teño. Para falar ben hai que facelo como fago eu ou ponerse a falar en portugues, que iso xa seria a oxtia.

10 aeVA

O típico lusista monotema, molestanlle os tres castelanismos correxibles que hai no galego, pero quere adoptar o portugués cheo de castelanismos coma "trecho", "agua", verbos compostos, etc... En Galicia sobrades.

9 Vicente

Dando uma miradinha nos comentários comprovas que efetivamente xs galegxs não toleram q se fale da língua com respeito e carinho. Se o autor do artigo pretende ser respeitado polxs galegxs, deveria dedicarse a argumentar sobre as bondades do espanhol ou do francês, qualquer cousa menos o galego.