Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/06/2025 | Actualizada ás 20:00
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou este martes na presentación da versión en liña da Biblia en galego, unha iniciativa coa que colabora a Xunta para impulsar o uso do idioma en todos os ámbitos da sociedade, tamén no relixioso.
Así, o representante da Xunta remarcou a "necesidade de adaptarse aos tempos e ás actuais vías de comunicación, facilitando o acceso tamén a este tipo de publicacións específicas a través dos soportes dixitais, ademais da súa dispoñibilidade en formato físico".
Nesta liña, lembrou que fai tres anos saíu, tamén co patrocinio do Executivo autonómico, a cuarta edición do libro sacro "para o que se fixo unha revisión lingüística de acordo ás normas actuais".
Antes, publicouse por primeira vez en galego en 1989, con dúas edicións posteriores en 1992 e 2001. Agora pódese consultar a Biblia en galego a través do seu propio portal e tamén no portal de Lingua.
Valentín García fixo fincapé no obxectivo de "potenciar o uso do idioma en ámbitos con gran peso, tendo en conta a capacidade que a Igrexa ten en Galicia para chegar a grandes grupos de persoas".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.