EUA non é un estado. É unha teoría, unha crenza en poder renacer á republica oligárquica Romana, co seu senado de patricios, o seu capitolio, os seus barbaros, os seus cargos electos entre os patricios, o esclavismo versión saxona, a súa plebe e vulgo, ou a súa proverbial corrupción. Así, o capitolio outrora centro político relixioso de Roma co templo de Xupiter, hoxe é o capitolio como centro político e da relixión actual, co seu congreso e Senado oligárquico.
  comenta   0
'Prefiro condenarme' é o novo filme de Margarita Ledo Andión, a historia dunha "adúltera" que é xulgada nun tribunal eclesiástico denunciada polo seu marido. A cineasta ofrece unha visión da vida afectiva-sexual durante a ditadura franquista. Tamén é unha historia de resistencia fronte aos modelos sociais e xudiciais establecidos por lei até non hai moito tempo co obxectivo de controlar o corpo feminino "como unha fábrica de corpos"
  comenta   1
O uso do galego nos nichos e lápidas así como noutros elementos funerarios estaba totalmente excluído dos cemiterios. Non foi até o século XXI que comezaron a aparecer as primeiras letras gravadas en mármore ou metal nos camposantos galegos e o mesmo sucedeu coas coroas e as fitas que levan atadas. Botamos unha ollada sobre un fenómeno tan recente como espontáneo
  comenta   0
"Os máis mozos,son do mundo urbano e non son galegofalantes, como tampouco o son os que chegan de Venezuela, Colombia, África, que non entenden o tema da lingua", asegura o sacerdote Rubén Aramburu. Abderrahim el Aziri Sounni, voceiro da Comunidade Islámica, di que aprendeu galego vendo a serie "Pratos Combinados".
  comenta   0
Foi atopada no ano 1781 nas catacumbas romanas de Santa Inés e traída a Galicia por un emigrante galego que adquiriu a súa imaxe en Cádiz. Cada 27 de setembro réndeselle culto nunha multitudinaria festa onde os exvotos son protagonistas.
  comenta   0