O ex rexedor de Ferrol critica que o novo alcalde sexa elixido senador: "Que pouco lle durou o ferrolanismo a Rey Varela"

Preguntase como vai compaxinar unha cousa coa outra.

Por Europa Press / Redacción | Cobas (Ferrol) | 26/07/2023 | Actualizada ás 13:32

Comparte esta noticia

O exalcalde de Ferrol, o socialista Ángel Mato, considerou "unha fraude" aos ferroláns o nomeamento do actual rexedor da cidade, o popular José Manuel Rey Varela, como senador por desginación autonómica.

"Que pouco lle durou o ferrolanismo ao señor Rey Varela!", manifestou o socialista en declaracións difundidas aos medios, nas que asegura que a elección de Rey Varela para este cargo é un "grave erro" e "só responde a antepor os intereses particulares aos intereses da cidade".

"En ningún caso un alcalde dunha cidade como Ferrol pode dedicarse soamente a tempo parcial", dixo Mato, que sostivo que Rey Varela "vendeu" un "compromiso total e inequívoco" coa cidade.

O exrexedor e portavoz socialista asegurou que se trata dunha "traizón" aos ferroláns que estaba "perfectamente planificada". "Demostra, unha vez máis, que non quería ser alcalde", sinalou para soster que resultará "especialmente complicado compaxinar os dous postos".

"Como ben repetiu ata a saciedade nos meses previos ás eleccións, Ferrol necesita atención a tempo completo, dedicación 24 horas do sete días da semana, afirmación que comparto ao 100%, polo que marchar ao Senado impide poder facelo", afirmou Mato, quen foi senador antes de acceder á Alcaldía de Ferrol.

O ex alcalde de Ferrol, Ángel Mato, no balcón do concello durante unha entrevista con Europa Press
O ex alcalde de Ferrol, Ángel Mato, no balcón do concello durante unha entrevista con Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta