Os encoros galegos seguen perdendo auga a pesar das chuvias dos últimos días

Quedan ao 67,07 da súa capacidade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/08/2023 | Actualizada ás 14:22

Comparte esta noticia

Os encoros galegos contan con 2.491 hectómetros cúbicos de auga embalsada, o que supón 27 menos que hai unha semana, segundo os datos ofrecidos este martes polo Ministerio para a Transición Ecolóxica.

Deste xeito, as reservas baixaron case un punto porcentual nos últimos sete días, e sitúanse ao 67,01% do total da súa capacidade, reflicte o boletín. En concreto, os encoros da conca Miño-Sil están ao 67,1% da súa capacidade, con 2.033 hectómetros cúbicos de auga (19 menos que a pasada semana).

Pola súa banda, os encoros da conca Galicia Costa, están ao 67%, o que supón 458 hectómetros cúbicos de auga embalsada, oito menos que o martes pasado.

DATOS ESTATAIS

No conxunto do Estado, a reserva de auga embalsada caeu esta semana ata o 42,2 por cento da súa capacidade total, tras perder en sete días 692 hectómetros cúbicos, o que representa un 1,2 por cento. Neste momento os encoros gardan 23.637 hectómetros cúbicos.

Vista do encoro de San Martiño, a 17 de abril de 2023, en Ourense, Galicia
Vista do encoro de San Martiño, a 17 de abril de 2023, en Ourense, Galicia | Fonte: Agostime - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta