A Real Filharmonía de Galicia seleccionará en decembro un director asistente para o 2024

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/08/2023 | Actualizada ás 11:19

Comparte esta noticia

A Real Filharmonía de Galicia abriu un proceso de selección para a contratación dun director ou directora asistente para o ano 2024, polo que os interesados poderán inscribirse ata o 17 de setembro a través da plataforma Muvac.

Tal como informou a orquestra, o proceso de selección celebrarase entre o 4 e o 7 de decembro de forma presencial no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela. "Ofrécese unha experiencia formativa en todos os aspectos prácticos do mundo musical profesional (dirección, programación, formación, relación con outras institucións artísticas...). A persoa seleccionada gozará dunha oportunidade para profundar e impulsar a súa carreira como directora profesional, baixo a mentoría do director artístico e titular, Baldur Brönnimann", engadiu a organización.

A Real Filharmonía de Galicia pon en escena a ópera 'Orfeo e Eurídice' de Gluck, co coro actuando vía vídeo.. REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
A Real Filharmonía de Galicia pon en escena a ópera 'Orfeo e Eurídice' de Gluck, co coro actuando vía vídeo.. REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta