Voluntariado e programas de sensibilización para loitar contra a soidade non desexada

Galicia inicia a elaboración da súa estratexia contra a soidade non desexada, con 125 millóns.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/08/2023 | Actualizada ás 14:42

Comparte esta noticia

O Goberno galego acordou este xoves iniciar a tramitación da súa estratexia contra a soidade non desexada, que contará con 125 millóns de euros de orzamento para medidas como a creación dun censo de persoas afectadas e unha rede de atención.

Segundo explicou en rolda de prensa o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, trátase dunha estratexia dirixida principalmente a persoas maiores e que contempla tamén un organismo que monitore a súa atención.

Ademais, a estratexia inclúe programas de formación, sensibilización e voluntariado, á parte dun protocolo de detección temperá desta situación.

Reunión do Consello da Xunta
Reunión do Consello da Xunta | Fonte: DAVID CABEZÓN @ XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta