A Xunta di que irá á vía xudicial e buscará "aliados" noutras autonomías se se condona a débeda catalana

Alfonso Rueda cre que Pedro Sánchez "non chegará tan lonxe" e agarda que se trate dun "tanteo" para a súa investidura.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/08/2023 | Actualizada ás 14:38

Comparte esta noticia

A Xunta fará todo o que estea na súa man para evitar que o Goberno central chegue a un pacto fiscal diferente con Cataluña. O seu presidente, Alfonso Rueda, asegurou que, se isto é así, irá á vía xudicial en último caso pero, antes, buscará "aliados" entre os presidentes autonómicos sen importar as cores políticas.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, en rolda de prensa. DAVID CABEZON @ XUNTA
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, en rolda de prensa. DAVID CABEZON @ XUNTA

Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Rueda deixou claro que Galicia xa lle pedíu a Rajoy o mesmo que lle pediu logo a Sánchez, sentar para pactar a política fiscal. Por iso, insistiu na necesidade de "sentar" a todas as autonomías no Consello de Política Fiscal e Financeira "para ver todos as cousas que se poden ou non ceder e ter un financiamento xusto". "Esta reunión tería que terse feito hai tempo", criticou.

Neste sentido, advertiu que a Xunta "non vai permitir" que haxa unha negociación bilateral con Cataluña. "Agardo que sexa un tanteo e que non se leve á práctica", dixo. Por iso, e preguntado sobre as medidas que tomará no caso de que este acordo vaia adiante, Rueda suliñou que "sería dunha gravedade tal" que non o concibe porque "estase xogando co diñeiro dos galegos e dos españois".

"BUSCAR ALIADOS"

"Se o fai, veremos con que intención, buscariamos aliados noutras autonomías e isto non sería complicado porque no cume de Santiago de hai dous anos, no que había presidentes de todas as cores, xa se pedíu un financiamento xusto", lembrou.

En todo caso non descartou acudir á vía xudicial. "Nós xa o fixemos. Xa fomos a xuízo polo que nos adebedaban polo IVE, e gañamos. Non me gustaría xudicializar isto porque tería atrasos que Galicia pero é unha posibilidade", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Cheste

Rueda e o ppdeG, uns choromicas.