A Xunta quere "formar" e "sensibilizar" no seu primeiro plan de igualdade

Haberá medidas para conciliar, gardarías e un código de conduta.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/08/2023 | Actualizada ás 14:55

Comparte esta noticia

O Consello da Xunta, lonxe dos acordos de goberno entre populares e Vox noutras autonomías que rexeitan certas políticas de igualdade, aprobou este xoves o primeiro plan de igualdade da Administración autonómica, que recolle medidas de carácter transversal para facilitar a conciliación, crear novas escolas infantís e salas de lactación, así como elaborar un código de conduta.

O presidente galego, Alfonso Rueda, avanzou en rolda de prensa que esta folla de ruta contén un total de 75 medidas distribuídas en oito eixos de actuación principais. Tivo "un proceso longo de elaboración", segundo lembrou, e contou co voto favorable dos sindicatos CCOO, UGT e CSIF.

O plan contempla tamén campañas de formación e sensibilización para os traballadores e medidas para velar pola "igualdade retributiva absoluta" entre mulleres e homes. Así mesmo, no tocante aos procesos de emprego público, o plan deixará fixado --aínda que xa era algo que viña aplicando-- que, no caso de que se produza un empate nas puntuacións das oposicións ou concursos, terá prioridade o xénero que estea infrarrepresentado no corpo ao que se accede.

Reunión do Consello da Xunta / DAVID CABEZÓN @ XUNTA  / Europa Press
Reunión do Consello da Xunta / DAVID CABEZÓN @ XUNTA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta