Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 22/05/2024 | Actualizada ás 10:58
Galicia rexistra un total de 3.326 nacementos no primeiro trimestre do ano, sete menos (-0,24%) que no mesmo período de 2023, segundo os datos de estimación mensual do Instituto Nacional de Estatística (INE) publicados este mércores.
No tocante só ao mes de marzo, os nacementos foron 1.161 na comunidade galega, neste caso 42 máis que no mesmo mes do ano 2023. O retroceso medio do tres primeiros meses en Galicia contrastan coa subida do 1,77% que se anota a media española, cun repunte que lidera Cantabria (12,44%).
No tocante a defuncións, neste caso con datos de finais de abril de 2024, Galicia rexistra un total 12.474 mortes, un 0,44% máis que no mesmo período de 2023. Contrasta a subida co descenso do 0,6% en España, con 163.340 finados no que vai de 2024.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.