Prohibido o baño na praia de Rodeira, en Cangas, pola presenza de bacterias na auga

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/08/2023 | Actualizada ás 21:19

Comparte esta noticia



O Concello de Cangas prohibiu o baño na praia de Rodeira por verteduras na auga, ao detectar unha presenza maior da recomendada da bacteria Escherichia coli.

Segundo o informe da Consellería de Sanidade, encargada de realizar as análises, a mostra tomada o día 2 de agosto das augas da zona de baño de Rodeira mostran unha concentración de máis de 2.000 NMP/100 ml de Escherichia coli.

Considérase que se debe prohibir o baño ou recomendar absterse deste cando se supera o valor de 800 NMP/100 ml de Escherichia coli.

Os carteis que advirten da situación continúan visibles por toda a praia pontevedresa ata que novas análises mostren unha redución dos valores negativos.

Duna na Praia de Rodeira, en Cangas
Duna na Praia de Rodeira, en Cangas | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta