Instalada unha nova pasarela metálica sobre o río Gafos ao seu paso polo centro de Pontevedra

Os traballos causaron grande expectación debido ás grandes dimensións do guindastre e a que a pasarela chegou por estrada nunha peza única, metálica.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 10/08/2023 | Actualizada ás 17:16

Comparte esta noticia

Este xoves quedou instalada en Pontevedra a nova pasarela sobre o río Gafos ao seu paso pola rúa Rosalía de Castro, uns traballos que causaron gran expectación na cidadanía. Tal e como estaba anunciado, foi preciso cortar a rúa para poder realizar a operación de montaxe cun guindastre de grandes dimensións, aínda que a manobra desenvolveuse en menor tempo do previsto.

O concelleiro de Parques e Xardíns, Xaquín Moreda, acompañado da alcaldesa en funcións, Eva Villaverde, explicou que esta era a parte "máis espectacular" da obra de acondicionamento do río Gafos entre as rúas Tablada e Rosalía de Castro. A pasarela chegou por estrada nunha peza única, metálica, construída en taller.

Despois da súa colocación continuarán os traballos coa demolición da antiga pasarela peonil. En paralelo a esta actuación seguiranse acondicionando as zonas verdes próximas. A intervención complétase coa creación de muros de contención para asegurar os noiros dos edificios e a creación de espazos verdes en forma de bancales ata chegar ao río. O proxecto foi adxudicado no seu día á empresa Covsa por 495.866 euros e está financiado con fondos europeos FEDER dentro da Estratexia DUSI Máis Pontevedra.

Río Gafos
Río Gafos | Fonte: Minube

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta