O PP de Pontevedra, "atónito" coa "deterioración continua das relacións" entre nacionalistas e socialistas

O portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, referiuse este venres aos enfrontamentos públicos entre o BNG e o Partido Socialista asegurando que "o PSOE de Iván Puentes non debería queixarse tanto" xa que "teñen o que votaron" en referencia ao apoio á investidura como alcalde de Miguel Anxo Fernández Lores.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 11/08/2023 | Actualizada ás 14:29

Comparte esta noticia

O portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, referiuse este venres aos enfrontamentos públicos entre o BNG e o Partido Socialista asegurando que "o PSOE de Iván Puentes non debería queixarse tanto" xa que "teñen o que votaron" en referencia ao apoio á investidura como alcalde de Miguel Anxo Fernández Lores.

"Os socialistas entregaron a alcaldía a Lores, a pesar de que o PP gañou de forma rotunda e contundente as eleccións", reprochou Domínguez. O portavoz dos populares pontevedreses asegurou estar "atónito" coa "deterioración continua das relacións" entre o nacionalistas e socialistas ao longo das últimas semanas.

A "tirantez" e as "desavinzas" entre ambas as formacións políticas puxéronse de manifesto no pleno da semana pasada, no debate das dúas mocións do PSOE sobre Reina Vitoria e o Pontevedra Flúe que, en opinión de Domínguez, foron "un ataque á liña de flotación do alcalde e que deixaron un pouso importante" entre os ex socios do anterior Goberno municipal.

O último, no enfrontamento entre os dous partidos, foi a polémica sobre a localización da feira ambulante. Rafa Domínguez sinalou que é "estraño" que a concelleira socialista Yoya Blanco "enmiende unha ordenanza que asinou ela fai tres meses, cando formaba parte do Goberno local", sendo ademais, "unha ordenanza que o PP xa lle advertiu en pleno de que estaba mal", lembrou o líder dos populares.

Domínguez mostrouse convencido de que o BNG e o PSOE "acabarán chegando a un acordo de Goberno" no que "cada un mirará polos seus intereses, torpedeando á outra parte, o que vai ser moi malo para Pontevedra". Se non hai pacto, o portavoz do PP ve "difícil" que haxa un "bo futuro para a cidade" con nove edís nacionalistas facendo o traballo que antes facían os 15 concelleiros do bipartito.

Por último, destacou que o Partido Popular "mantén a súa folla de ruta" para tratar de reabrir o tráfico na rúa Reina Vitoria, retirar os resaltos das vías sanitarias, trasladar definitivamente a feira ambulante ao centro da cidade e reforzar os servizos sociais.

Iván Puentes
Iván Puentes | Fonte: PSOE Pontevedra

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta