Extinguido un incendio que calcinou a cuberta dunha palleira nas Somozas

Os servizos de emerxencia deron por extinguido a última hora da tarde deste sábado o incendio que permanecía activo desde as 16.45.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 13/08/2023 | Actualizada ás 10:40

Comparte esta noticia

Os servizos de emerxencia deron por extinguido a última hora da tarde deste sábado o incendio que permanecía activo desde as 16.45 e que calcinou a cuberta dunha palleira no municipio coruñés das Somozas. Foi un particular quen deu aviso ao 112 Galicia para solicitar axuda. Así, a central de emerxencias mobilizou aos Bombeiros do Eume, ao GES de Ortigueira e á Garda Civil.

Xa no lugar, os servizos de emerxencias indicaron que se trataba dunha nave illada con moita carga térmica. Por iso, os membros do GES de Ortigueira e un axente forestal desprazáronse ao lugar cos correspondentes medios para abastecer de auga aos compañeiros que traballaban no punto.

Finalmente, ao fío das 20.30 horas, os bombeiros confirmaron ao 112 a completa extinción do incendio. Tal e como indicaron, ardeu toda a cuberta e a palla que se almacenaba no seu interior, que retiraron coa axuda dunha pa que o propio concello derivou ao momento.

Un equipo de bombeiros traballa durante un incendio nunha nave de reciclaxe no polígono industrial Sete Pontes, a 13 de abril de 2023
Un equipo de bombeiros traballa durante un incendio nunha nave de reciclaxe no polígono industrial Sete Pontes, a 13 de abril de 2023 | Fonte: Carlos Castro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta