Un total de 900 alumnos galegos poderá integrarse no sistema educativo doutros países

O prazo para solicitar a participación na iniciativa EduExchanges estará aberto ata o 25 de setembro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/08/2023 | Actualizada ás 18:14

Comparte esta noticia

Un total de 900 alumnos galegos poderá integrarse no sistema educativo doutros países a través do programa EduExchanges, de promoción dos intercambios entre estudantes para crear e consolidar proxectos de cooperación educativa e asociacións entre as distintas partes.

O alumnado galego participante deberá estar acompañado polo profesorado designado polo centro educativo para tal efecto, que realizará observación directa no centro educativo estranxeiro durante a súa estancia. A través desta observación doutras metodoloxías e o seu impacto nos procesos de aprendizaxe do alumnado, potenciarase o traballo conxunto e fomentarase a reflexión sobre actuacións innovadoras, que se pretende que redunden no establecemento de proxectos comúns.

Tal e como detallou a Xunta, poderán beneficiarse desta convocatoria os alumnos de 6º de Primaria, ESO e 1º de Bacharelato de centros educativos públicos que desenvolvan programas de intercambio durante o curso 2023/2024. A lingua vehicular do intercambio pode ser a primeira ou a segunda lingua estranxeira cursada polo alumnado.

O centro educativo será o encargado de chegar a un acordo cun centro estranxeiro co que levar a cabo este proxecto e o encargado de seleccionar ao alumnado participante. O acordo debe ser previo á solicitude e o réxime será de residencia coa familia do alumno de intercambio estranxeiro. O prazo para solicitar a participación neste programa estará aberto ata o 25 de setembro e as peticións deberán formalizarse a través da aplicación de Programas Educativos. Poderán participar ata 45 centros, cun máximo de 20 alumnos cada un deles.

Estudantes
Estudantes | Fonte: Eduardo Parra

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta