Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 13/08/2023 | Actualizada ás 23:32
A Garda Civil de Verín (Equipo de Policía Xudicial e Posto de Verin) detivo a un home de 45 anos, orixinario de Portugal, e ao que se acusaba de dous supostos delitos de agresión sexual a dous menores de 16 anos.
Segundo informou a Garda Civil nun comunicado, a detención tivo lugar o día 12 ás 23.45 horas. Contra o detido pesaba ademais unha orde europea de detención ditada pola Xulgado Instrución Un de Verin polos mencionados delitos, cometidos en maio en Verín.
O detido pasará a disposición xudicial este luns no xulgado 1 de Verin.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.