O prezo dos coches de segunda man sobe ata os 11.764 euros en Galicia

O prezo medio do turismo de segunda man en Galicia situouse nos 11.764 euros en xullo, o que supón un 3,8 % máis que no mesmo mes de 2022, segundo datos da Asociación Nacional de Comerciantes de Vehículos (Ancove).

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/08/2023 | Actualizada ás 10:49

Comparte esta noticia

O prezo medio do turismo de segunda man en Galicia situouse nos 11.764 euros en xullo, o que supón un 3,8 % máis que no mesmo mes de 2022, segundo datos da Asociación Nacional de Comerciantes de Vehículos (Ancove).

Esta cifra supón uns mil euros menos que a media nacional, xa que no total de España o custo dun coche usado é de 12.774 euros, cunha subida en termos anuais do 2,3 %. Se se compara co mes anterior (xuño de 2023), o prezo do vehículo de ocasión incrementouse un 0,54 % en Galicia e un 0,13 % no total do país.

Nos coches de máis de 8 anos, o prezo medio na Comunidade foi de 9.142 euros, un 4,2 % máis, mentres que a nivel nacional creceu un 1,6 %, ata 9.668 euros. Por provincias, na Coruña o prezo subiu un 3,5 %, ata 11.651 euros, mentres que en Lugo incrementouse un 1,6 %, con 11.901 euros. En Ourense, o dato foi de 11.755 euros (+ 10,4 %) e en Pontevedra de 11.834 euros, un 3 % máis.

DATOS NACIONAIS

A nivel nacional, o prezo dos turismos de ocasión en España subiu en xullo o 2,3 % en comparación co mesmo mes de 2022, ata 12.774 euros e o prezo medio dos sete primeiros meses do ano é de 12.679 euros, un 3,4 % superior ao mesmo período do ano pasado.

No caso das unidades que superan os 8 anos, os prezos soben un 1,6 cun prezo de 9.668 euros. Respecto ao mes de xuño, incrementouse un 0,5 %. O 63,2 % dos turismos vendidos o pasado xullo supera os oito anos, con fortes diferenzas entre a Comunidade de Madrid onde os máis vellos son o 46,1 % e o 75,2 % en Castela e León.

O presidente da Asociación Nacional de Comerciantes de Vehículos (Ancove), Eric Iglesias, sinalou que o mercado dos turismos de ocasión "está a dar mostra de contención na subida dos prezos que no conxunto do ano é do 3,4 % respecto dos sete primeiros meses do pasado ano, un proceso que se agudiza especialmente nos modelos máis antigos, os de máis de oito anos".

"A normalización da crise dos chips permitiu un maior volume de turismos de menos de 3 anos que son os que máis crecen en venda, en detrimento dos máis vellos que nos anos pasados subiron moito pola escaseza de oferta", engadiu Eric Iglesias.

Coches de ocasión na feira
Coches de ocasión na feira | Fonte: CAROULET VIGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta