As Tanxugueiras actuarán no 'Día do Gaiteiro' das festas patronais de Monforte

Este 15 de agosto alboradas de grupos tradicionais percorrerán as rúas da cidade, haberá unha Mostra de Danza e Música Tradicional e pola noite actuarán As Tanxugueiras na explanada da Compañía. As Festas Patronais empezaron o pasado 11 de agosto e rematarán o vindeiro mércores 16.

Por Galicia Confidencial | Monforte | 15/08/2023 | Actualizada ás 13:39

Comparte esta noticia