Unha muller resulta atropelada nun paso de peóns en Malpica

A ferida foi trasladada ao hospital consciente.

Por E.P. | LUGO | 15/08/2023 | Actualizada ás 20:21

Comparte esta noticia

Un vehículo atropelou a unha muller nun paso de peóns en Malpica de Bergantiños, sobre as 13,25 horas. A vítima foi trasladada consciente polos servizos sanitarios.

Varias persoas, entre elas o condutor, contactaban co 112 para comunicar que o vehículo acababa de alcanzar á muller, que estaba tendida sobre a rúa.

Aínda que nun primeiro momento os alertantes apuntaban que a ferida perdera a conciencia, pouco despois o GES de Ponteceso e a Policía Local explicaban que fora evacuada consciente.

Control da Garda Civil de Tráfico
Control da Garda Civil de Tráfico | Fonte: legaccidentes.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta