Incautan 30 quilos de ameixa e denuncian a catro persoas nun operativo contra o furtivismo en Ferrol

Esta actuación enmárcase nos labores de inspección da costa que permitiron localizar a estes supostos responsables, que se enfrontan a sancións por infracción á lei galega de pesca.

Por E.P. | Ferrol | 17/08/2023 | Actualizada ás 15:27

Comparte esta noticia

A Policía Autonómica de Santiago, xunto con axentes de Gardacostas de Galicia, comisaron o pasado xoves, día 10 de agosto, 30 quilos de ameixas nun operativo contra o furtivismo na zona do Couto, en Ferrol, no que foron identificadas e denunciadas catro persoas.

Segundo informa a Xunta, esta actuación enmárcase nos labores de inspección da costa que permitiron localizar a estes supostos responsables, que se enfrontan a sancións por infracción á lei galega de pesca.

A Xunta destaca o "esforzo" realizado pola Policía Autonómica no ámbito da loita contra o furtivismo, tanto na actividade extractiva como na súa venda e distribución sen as debidas garantías sanitarias, en colaboración coa Consellería do Mar.

Incautados 30 quilos de ameixa e denunciadas catro persoas nun operativo da Policía Autonómica contra o furtivismo en Ferrol.. XUNTA
Incautados 30 quilos de ameixa e denunciadas catro persoas nun operativo da Policía Autonómica contra o furtivismo en Ferrol.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta