Falece unha muller tras chocar o seu coche contra un camión en Mesía

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/05/2024 | Actualizada ás 11:06

Comparte esta noticia

Unha muller, de 45 anos, perdeu a vida tras chocar o seu coche contra un camión na N-634, ao seu paso polo municipio coruñés de Mesía.

Segundo informou o 112, foi o propio condutor quen sobre as 5,30 horas deste sábado deu a voz de alerta e explicou que había unha persoa no turismo que non respondía os intentos de contactar con ela.

Desta forma, a central de emerxencias deu aviso a Urxencias Santiarias de Galicia-061, os Bombeiros de Ordes, o GES de Curtis, a Garda Civil e os servizos de mantemento da estrada.

Unha vez no punto, o efectivo do GES comprobaron que non era necesario excarcerar e os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da muller.

DOUS FERIDOS EN VIGO

Por outra banda, dúas persoas resultaron feridos en Valadares e os implicados foron trasladados ao hospital.

O suceso ocorreu pasadas as 2,00 horas deste sábado e o particular que alertou ao 112 detallou que podían estar atrapados no vehículo, pero finalmente non tiveron que excarceralos.

Accidente de noite
Accidente de noite | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta