Membros da Rede Galega pola Investigación protestan por mellores condicións predoutorais ante a Xunta

Para acceder unha bolsa predocotoral pola Xunta, é necesario estar matriculado nun programa de máster ou de doutoramento, ademais de ter unha media global igual ou superior a 7,5 puntos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/08/2023 | Actualizada ás 14:43

Comparte esta noticia

Membros da Rede Galega pola Investigación (Investigal) protestaron por mellores condicións predoutorais ante a Xunta, en Santiago de Compostela, este venres pola mañá. Segundo explicou Andre Vidal, membro do Investigal, para acceder unha bolsa predocotoral pola Xunta, é necesario estar matriculado nun programa de máster ou de doutoramento, ademais de ter unha media global igual ou superior a 7,5 puntos.

"Precisamente o que reivindicamos é a modificación destes criterios para que se revertan, onde non se nos pida estar matriculados nun programa de maestrado para este propio ano", sinalou Vidal. En relación á nota de corte, Vidal subliñou que "é necesario universalizar as axudas, non dirixilas unicamente a un grupo seleccionado baseado nas cualificacións. Estas axudas están destinadas á formación de persoal investigador, non son axudas de excelencia académica, que estas xa existen".

Así mesmo, a membro do Investigal Nerea Cazas leu un manifesto coas principais reivindicacións deste colectivo no cal solicitou medidas "para frear a fuga de capital humano formados nas faculdades publicas galegas", segundo explicou. "A modificación dos requisitos e méritos da convocatoria actual, volvendo aos criterios de convocatorias pasadas, onde a nota de corte deixe de ser un obstáculo para acceder ao proceso, permitindo unha avaliación ponderada", reivindicou Cazas.

Ademais, avogou por permitir, "como nas convocatorias anteriores, a participación de persoas que non estean matriculadas pero que cumpran os requisitos para matricularse nun programa de doutoramento do sistema universitario galego". A Xunta publicou este venres no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria das axudas predoutorais para o ano lectivo 2023-2024. Por tanto, os manifestantes aproveitaron esta mobilización, que xa estaba prevista, para esixir unha rectificación nos criterios sinalados para acceder a estas axudas.

Membros da Rede Galega pola Investigación protestan por mellores condicións predoutorais ante a Xunta
Membros da Rede Galega pola Investigación protestan por mellores condicións predoutorais ante a Xunta | Fonte: THALES VALERIANI

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta