Finaliza a exposición Iacobus Gaudet no Museo de Arte Sacra de Querétaro, en México

A exposición Iacobus Gaudet, baseada na creación artística do fotógrafo galego Manuel Valcárcel, puxo fin á súa estancia no Museo de Arte Sacra de Querétaro, en México, onde puido verse desde o pasado 17 maio.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 21/08/2023 | Actualizada ás 12:16

Comparte esta noticia

A exposición Iacobus Gaudet, baseada na creación artística do fotógrafo galego Manuel Valcárcel, puxo fin á súa estancia no Museo de Arte Sacra de Querétaro, en México, onde puido verse desde o pasado 17 maio. A mostra, comisariada por Francisco Singul, levouse a cabo coa colaboración da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de México D.F. e da Oficina de Turespaña en México. A través de 45 fotografías e un vídeo faise un percorrido das distintas rutas xacobeas, reflectindo a peregrinación "como unha experiencia única, nun espazo aberto e acolledor", segundo explicou a Xunta a través dun comunicado.

Antes de Querétaro, a mostra puido visitarse, con motivo do Xacobeo 21-22, no patio central do Casino Español de México D.F., no mes de maio do ano pasado, e tamén no hotel Costa Galana de Río da Prata, en Arxentina. No seu percorrido tamén estivo en Brasil, no Instituto Cervantes de Sâo Paulo, e está previsto que a mostra continúe visitando outras sedes en América Latina durante o ano 2024.

Exposición Iacobus Gaudet, promovida pola Xunta, no Museo de Arte Sacra de Querétaro (México)
Exposición Iacobus Gaudet, promovida pola Xunta, no Museo de Arte Sacra de Querétaro (México) | Fonte: XUNTA DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta