O rap e a regueifa, xuntos e en galego

A asociación ORAL de Galicia (Oralidade, Rima, Arte e Lingua de Galicia), en colaboración co Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Santiago, organiza un obradoiro de rap e regueifa, as improvisacións entre dúas ou máis persoas que seguen un mesmo cantar ou son -a miúdo de catro vesos octosílabos- durante o tempo que dura unha disputa sobre un tema determinado.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 02/05/2015 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O evento terá lugar a partir do vindeiro luns, 4 de maio, co alumnado do bacharelato de artes do IES Antonio Fraguas.

A rapeira viguesa Woyza
A rapeira viguesa Woyza

O obradoiro conta con tres sesións de dúas horas cada unha, que terán lugar o luns 4 entre as 11:30 e as 13:30 horas, o martes 5 entre as 16:00 e as 18:00 horas e o martes 19 de 16:00 a 18:00 horas. A primeira das sesións, por conta de Josiño da Teixeira, tratará de regueifa; a segunda, a cargo de Thomas Dylan, de rap, e a terceira combinará as dúas formas e contará con outros dous artistas convidados para as demostracións.

O contido do obradoiro partirá da explicación sobre as características e a historia das dúas disciplinas para coñecer en directo como se constrúen as pezas e realizar prácticas ao respecto.

Segundo os organizadores, esta actividade pretende amosar a vitalidade e rendemento da lingua galega para as formas de improvisación oral e chamar a atención do estudantado sobre o uso do galego nas súas expresións creativas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Undaki

Patético. A estulticia de defender a identidade da forma (o galego), que é accesorio, renegando do principal, que é a identidade material (as nosas formas de expresión musicais).

1 eusi

Eu propóñolles un retrouso: corruPPtos, inePPtos, incomPPetentes, PParo