A reciclaxe e as prácticas sustentables, un elemento máis do 'Festival da Luz'

Búscase espertar a conciencia ambiental dos participantes

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/08/2023 | Actualizada ás 18:43

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia promoverá este fin de semana diferentes actividades informativas relacionadas coa separación e reciclaxe de residuos e outras prácticas sustentables no marco do 'Festival da Luz', un evento musical e social de carácter solidario e implicado co respecto á contorna que promove desde fai máis dunha década a artista Luz Casal no seu municipio natal, Boimorto.

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Angeles Vázquez, achegouse este mediodía ao posto informativo instalado un ano máis polo seu departamento dentro do recinto, onde tivo ocasión de participar na actividade lúdica e divulgativa Aventura Plástica, dirixida ao público infantil.

De feito, tanto este sábado como o domingo están previstas varias accións informativas relacionadas cos residuos, a repartición de merchandising entre as persoas que se acheguen a informarse e a celebración de xogos e talleres dirixidos tanto a nenos como a adultos para aprender a reciclar ou compostar co obxectivo de espertar a conciencia ambiental dos participantes. Ademais, na caseta hai dispoñibles tres bicicletas con sistema dinamo para que as persoas que o desexen poidan achegarse e recargar os seus teléfonos móbiles pedaleando.

Entre as novidades a destacar da colaboración da Vicepresidencia Segunda co Festival da Luz deste ano, a Xunta destacou a habilitación dunha zona de aparcadoiro exclusiva para vehículos eléctricos con 12 puntos de recarga dispoñibles, así como a instalación por todo o recinto de 40 colectores 100% reciclables, cos que se busca reducir a pegada ecolóxica deste tipo de instalacións e facilitar a separación dos diferentes tipos de residuos que se xeran neste tipo de festivais. Ademais, a área infantil reservada pola organización para concentrar as actividades dirixidas a nenos e nenas fornécese única e exclusivamente con enerxía solar.

Anxos Vázquez no Festival da Luz.. XUNTA
Anxos Vázquez no Festival da Luz.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

6 Wikileaksgalego

Concordo vostede señor Veiga. Todas as wikileaks que fagan falla, incluso unha para que nos clarexe todo canto aconteceu no semanario A Nosa Terra, e desenmarañe as falsas teorías do señor Eiré que lle votaba a culpa a Xunta. Tamén queremos saber se dende o BNG se sabía xa hai varios meses que ía pechar o semanario e porque se lle ocultou aos que foron os seus traballadores unha suspensión de pagamentos e tamén un ERE.

5 paz

non nos enganemos sempre pensabamos(alguns)que esto pasaba,o sr assango confirmou a nosas sospeitas pasamos de ser paranoicos a ser paxaros de mal agoiro..penso que a claridade sempre e boa ainda que nos perxudique sobor de todo cando temos intencions de vendernos ao lado oscuro porque en todas partes se pode caer na tentacion,entre outras cousas nos serve de aversivo pra non cair ..algo e algo.paz

4 Carme

Julian liberdade!

3 Sabela

Solidariedade con wikileaks! Assange e meu idolo.

1 Dani

Se ve que gustan los violadores. Hay que ser masoquista.

2 olegué

Vese que tes a vista un pouco cansa, Danidaniel. Quizais sexas miope ou teñas presbicia. Calquera persoa con dous dedos de fronte pode intuir que detrás das acusacións contra este home hai a pretensión de facer calar a unha organización que está a facer moito dano ós gobernos de moitos países, gobernos que gobernan non para os seus, senón para sabe deus qué inconfesabeis propósitos.

3 olegué

e por suposto que estou a favor de que existan güisquilinks en todos os ámbitos e lugares, Galicia incluída. E que afecten a todos, incluídos os teus e os meus.

2 mondador

Si, é precisa a existencia de Wikileaks, e de moitas outras fiestras para ver e para airear o que se esconde nos poderes políticos. Só que cando se airearon os favores do BNG no bipartito, lembramos, non erades precisamente moi partidarios de que a luz iluminara a xestión da cousa pública. Pois iso, benvida a ventilación!