Consellos para evitar a 'síndrome postvacacional'

Vivir o momento, non ter cambios de horarios bruscos ou mellor o estilo de vida son algúns dos consellos dos expertos na materia.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 02/09/2023 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

A maior parte das personas que contan cun posto de traballo e que tiveron a sorte de ir de vacacións, volven esta semana aos seus postos despois das vacacións, e ao 37% deles pasaralles factura, segundo un informe de Adecco, ese é a porcentaxe que sofre ou sufrirá a chamada "síndrome postvacacional", que se traduce en apatía, cansazo, falta de enerxía, dificultade para concentrarse, trastornos do sono, nerviosismo, tensión ou mesmo tristeza.

Traballador de Gadis
Traballador de Gadis | Fonte: EP

Os expertos e expertas apuntan varias razóns polas que isto ocorre. Como explica Enric soler, profesor colaborador dos Estudos de Psicoloxía e Ciencias da Educación da Universitat Oberta de Catalunya (UOC), o regreso ao traballo tras varias semanas de vacacións supón un cambio drástico no día a día, "os humanos somos moi adaptables, pero amoldamonos ás novas situacións de forma progresiva. Do mesmo xeito que necesitamos un tempo para superar un dó ou que necesitamos toda unha adolescencia para deixar de ser nenos e transitar ao mundo da adultez, non podemos pretender que o noso estilo de vida nun período vacacional poida cambiarse de forma brusca en cuestión de vinte e catro horas", afirma.

Que esta volta ao traballo sexa máis ou menos levadía depende basicamente de catro variables: a motivación profesional, a satisfacción e o benestar no traballo, os recursos resilientes de cada un e que haxa facilidades ou non para conciliar a vida laboral e a persoal, indica Mireia Cabero, tamén profesora colaboradora dos Estudos de Psicoloxía e Ciencias da Educación da UOC. "Cando o regreso ao traballo xorde dunha motivación interior, o regreso ao traballo é agradecido, esperado e sen moita reticencia, polo que a adaptación é rápida", indica. "Con todo, cando o regreso ao traballo xorde por unha motivación externa, o regreso ao traballo pode xerar rexeitamento, mesmo depresión reactiva. Sobre todo se non hai un bo clima laboral, temos pouca capacidade para afrontar con madurez a incomodidade de regresar ao traballo e hai obstáculos para a conciliación", sinala a profesora da UOC.

CONSELLOS

Independentemente de cales sexan as circunstancias de cada un respecto desas motivacións e o ambiente laboral, os expertos e expertas coinciden en oito aspectos que poden facer que esta transición sexa o máis levadeira posible. 

En primeiro lugar vivir o aquí e o agora. Adoitar, obsesionarse con anticipar a volta ao traballo para que a transición sexa máis levadía rouba tempo e calidade de vida das vacacións. "Planificar é unha forma de anticipar o que vai vir. Vivimos nun contexto demasiado tensionado en todos os ámbitos da vida e quizais estamos a abusar de querer telo todo planificado para protexernos mentalmente do medo aos cambios que prevemos que deberemos afrontar", explica. Por iso, debemos asumir que non podemos planificalo todo.

En segundo lugar, é importante confiar na capacidade de adaptación. Como lembra o profesor da UOC, seguramente este ano non é o primeiro no que se realiza unha incorporación ao traballo tras as vacacións, "e se o é, non será o último. Non é unha causa de morte recoñecida así que sobra convertelo nun drama. Confiar na propia capacidade de adaptación é a mellor idea".

En terceiro lugar é imprescindible seguir gozando do lecer e do tempo para un mesmo. Segundo Mireia Cabero, que a conciliación permita durante o ano poder vivir a vida que se queira vivir ao mesmo tempo que se traballa é unha necesidade que non debe pasarse por alto. "De non ser así, a renuncia é excesiva e impacta na nosa satisfacción, equilibrio e desmotivación, podéndose xerar cadros de depresión reactiva, ansiedade xeralizada, desgaste profesional e tensión", explica.

Outro dos consellos e fuxir dos cambios de horario bruscos do día a día. En quinto lugar, débese ter en conta que os períodos de descanso forman parte da actividade laboral. "Cando estiveches de vacacións, estiveches traballando para ofrecer a mellor versión da túa faceta profesional á volta á produtividade. É imprescindible descansar para facer ben o noso traballo", afirma o profesor colaborador da UOC, e lembra que durante o ano temos tres tipos de períodos vacacionais: os fins de semana, períodos curtos pero frecuentes; Semana Santa, Nadal e pontes, períodos medios e menos frecuentes, e as vacacións de verán, que son períodos longos, pero os máis infrecuentes. "O tres tipos de descanso profesional repartidos durante todo o ano ofrécennos tres tipos de desconexión laboral mediante distintas actividades de lecer. Debemos aprender a expremir ao máximo cada un deles", sostén.

En sexto lugar é boa idea propoñerse non desaproveitar as próximas vacacións, é dicir, o fin de semana seguinte á reincorporación, e os sucesivos. O ideal é elixir o que resulte máis reparador en cada un do tres tipos de períodos vacacionais, "e evitar facer o que se espera que fagas. Os fins de semana non son só para pór a lavadora, e nas vacacións de verán non é obrigatorio gastar os aforros nunha viaxe".

En caso de que esta vólta a rutina xere angustia, hai que plantaxarse un cambio. Os expertos e expertas afirman que gozar da profesión non debería ser un luxo. "Se hai semanas que non o practicas, valo a botar de menos, e cando poidas volver exercer a túa profesión, matarás a espiral de non exercela durante un tempo significativo. Se non tes ilusión por volver ao traballo despois das vacacións, pregúntate se ese traballo gústache", recomenda Soler. Na opinión do xornal, este é un consello só apto para uns poucos, por desgraza moita xente non ten a oportunidade de elexir e tense que conformar. 

Finalmete, o último consello é tentar levar un estilo de vida saudable e se non o tes intentar telo pero de forma progresiva, non convén realizar dous cambios grandes á vez. O corpo pode facilitar á mente a adaptación se se está descansado, con saúde, áxil e enérxico, xa que "ao ter o corpo preparado non sumamos tensión á tensión psicolóxica do regreso", explica Mireia Cabero. Por iso, quen practica deporte e ten unha dieta saudable durante todo o ano, terá menos problemas coa volta ao traballo porque o deporte reduce a ansiedade e a tensión, e a alimentación sa prevén ou atenúa os problemas de saúde.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta