Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/08/2023 | Actualizada ás 10:08
Un incendio calcinou un alpendre situado na parroquia de Marrozos, no rural de Santiago de Compostela, que albergaba dous coches, palla e madeira.
Segundo informou o CIAE 112 Galicia, os propietarios do incendio, declarado ao redor das 06,30 horas deste mércores, lograron sacar un dos vehículos, pero non o outro. O incidente saldouse sen feridos e motivou a intervención dos bombeiros da capital galega, que terminaron o seu traballo no lugar ao redor das 08,00 horas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.