Cortes no acceso a Navantia para pedir que Eulen cumpra cos traballadores do servizo da limpeza de buques

Eulen, a empresa na que traballa a irmá de Feijóo, é reticente a subrrogar aos traballadores da anterior empresa, Mainfer.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/09/2023 | Actualizada ás 10:56

Comparte esta noticia

Os traballadores da empresa auxiliar Mainfer, responsables durante máis de tres décadas do servizo de limpeza nos buques de nova construción en Navantia Ferrol, colocáronse ás 6,00 horas deste luns, 4 de setembro, ás portas deste estaleiro, durante dúas horas, ata as oito, para impedir o paso dos operarios e mostrar así a súa oposición ao non ser subrogados.

O secretario xeral de Industria de CC OO en Galicia, Víctor Ledo, asegurou, en declaracións a Europa Press, que "decidimos facer esta acción sorpresa porque hoxe --por este luns-- empezaba a traballar Eulen no contrato da limpeza e aínda non está solucionada a cuestión dos traballadores de Mainfer".

Así, Ledo detallou que "a actividade que desenvolveron eles durante máis de trinta anos, non está solucionado" e que "hoxe empezaba Eulen a realizar esa actividade, sen asumir as obrigacións cos traballadores" e por iso "os operarios de Mainfer non lle deixaron iniciar a Eulen".

CANCELACIÓN DUN CONTRATO

O representante sindical detallou que a actitude de Navantia é "incomprensible", xa que "por unha banda Eulen renuncia ao contrato da limpeza das instalacións, pero á vez asígnanlle a limpeza dos buques de obra nova, das fragatas F-111 e a F-112".

Neste sentido, detallou que "son contratos distintos, o proceso xa estaba avanzado e non se pode cancelar", pero que "por unha banda, rescindes un contratado a unha empresa por non cumprir e paralelamente están a darlle outra obra, que evidentemente non ten sentido, pero legalmente non tiñan opción".

Así, incidiu tamén en que "segue sen entender por que seguen teimudos en non asumir que ten que haber unha subrogación", o que os levou a "pór unha demanda". Respecto diso, concretou que son coñecedores que esta vía vai ser "máis lenta, pero sindicalmente non imos deixar que se consolide".

Os traballadores da auxiliar Mainfer cortan durante dúas horas o acceso ao estaleiro de Navantia Ferrol
Os traballadores da auxiliar Mainfer cortan durante dúas horas o acceso ao estaleiro de Navantia Ferrol | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta