Pontón apunta que o novo voceiro do PP no Parlamento "vai máis en liña coa evolución ultra" de Feijóo

O portavoz dos socialistas na Cámara galega, Luis Álvarez, espera que o novo voceir "estea á altura" do seu predecesor, Pedro Puy.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/09/2023 | Actualizada ás 11:53

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, sinalou que o novo portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos, representa a ese PP que "tivo sempre unha actitude menos dialogante" e que vai "máis en liña coa evolución ultra" do partido de Alberto Núñez Feijóo.

"Espero que vexamos tamén un cambio na actitude dun portavoz parlamentario que o certo é que nas súas intervencións no Parlamento non destaca por ser unha persoa nin dialogante, nin coa man tendida. En realidade todo o contrario", explicou Pontón.

A continuación, Pontón desexou o mellor no persoal pero puntualizou que representa a un PP que "vai máis en liña" coa "evolución ultra" dos populares. "Que camiña cara a posicións máis ultras, de menos diálogo e que se afastan do que ten que ser a política", sentenciou.

Pazos Couñago leva desde 2016 no Parlamento de Galicia, onde xa fora deputado en 2013. Nestas dúas lexislaturas foi, sucesivamente, portavoz de Exteriores e Cooperación, de Política Social e de Sanidade.

Actualmente era viceportavoz segundo do Grupo Parlamentario Popular. Previamente foi concelleiro en Redondela, deputado provincial e, entre 2013 e 2016, director xeral de Administración Local na Xunta, dentro da Vicepresidencia. Alberto Pazos tamén ocupou cargos importantes na estrutura do PPdeG: entre 2016 e 2022 foi secretario de Organización e, desde 2022, vicesecretario de Familia.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón | Fonte: Europa Press

PSdeG ESPERA CORDIALIDADE

O portavoz dos socialistas na Cámara galega, Luis Álvarez, felicitou ao novo portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos, do que asegurou esperar que "prime a cordialidade" e o "respecto institucional", e que "estea á altura" do seu predecesor, Pedro Puy.

O dirixente socialista pronunciouse deste xeito nunha rolda de prensa ofrecida este luns no Pazo do Hórreo despois de coñecerse que o presidente do PP de Galicia, Alfonso Rueda, proporá ao ata agora viceportavoz como novo portavoz do Grupo Popular tras a marcha de Pedro Puy ao Congreso dos Deputados.

Pazos Couñago leva desde 2016 no Parlamento de Galicia, onde xa fora deputado en 2013. Nestas dúas lexislaturas foi, sucesivamente, portavoz de Exteriores e Cooperación, de Política Social e de Sanidade.

Actualmente era viceportavoz segundo do Grupo Parlamentario Popular. Previamente foi concelleiro en Redondela, deputado provincial e, entre 2013 e 2016, director xeral de Administración Local na Xunta, dentro da Vicepresidencia. Alberto Pazos tamén ocupou cargos importantes na estrutura do PPdeG: entre 2016 e 2022 foi secretario de Organización e, desde 2022, vicesecretario de Familia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta