Inician os traballos para retirar o taboleiro da ponte situada en Ponte Arnelas en Ribadumia

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/09/2023 | Actualizada ás 16:28

Comparte esta noticia

A Xunta comezou a desmotar o taboleiro da ponte de Ponte Arnelas, pertencente ao municipio pontevedrés de Ribadumia, co que avanzan nos traballos de retirada da actual estrutura metálica.

Segundo detallou o Executivo galego, as actuacións para reconstruír a ponte entran nunha nova fase, centrada no corte das capas de formigón e aglomerado para poder proceder á retirada do taboleiro.

Así, para desmontalo necesitarán realizar cortes perpendiculares e retiralo por 'tabletas'. Por iso, primeiramente fixeron cortes longitudinales, estes traballos xa están finalizados.

Desta forma, na actualidade realizan os cortes transversais, o que permite, a medida que se completan, a retirada das 'tabletas' cun guindastre. Prevén que esta tarefa dure entre tres e catro semanas.

Unha vez finalizada esa parte procederán á execución dun pequeno recheo no río para o posicionamento dun guindastre para desmontar a estrutura metálica e a súa posterior retirada.

Os traballos continuarán coa execución da nova estrutura á vez que finalizarán a definición do deseño da nova estrutura metálica para iniciar a súa fabricación.

Traballos para desmontar o taboleiro da ponte de Ponche Arnelas (Pontevedra). XUNTA
Traballos para desmontar o taboleiro da ponte de Ponche Arnelas (Pontevedra). XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta