Os alimentos non fan máis que subir en Galicia; case un 11% máis en agosto

Soben tamén o vestido, os medicamentos, o transporte, o lecer, as comunicacións e os restaurantes. Só baixan as vivendas e o ensino.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/09/2023 | Actualizada ás 11:10

Comparte esta noticia

O Índice de Prezos de Consumo (IPC) subiu en agosto en Galicia ata o 2,7%, seis décimas máis que o dato de xullo (+2,1%), que á súa vez era superior ao de xuño (+1,5%), segundo cifras publicadas este martes polo Instituto Nacional de Estatística (INE), recollidas por Europa Press.

Así, o IPC galego quedou unha décima por encima da media nacional, xa que no total de España este dato foi do 2,6%, tres décimas máis que o mes anterior.

En concreto, o prezo dos alimentos e das bebidas non alcohólicas subiu un 10,7% en agosto en Galicia, mentres que as bebidas alcohólicas e o tabaco encarecéronse un 6,7%.

O vestido e o enxoval tamén subiron un 0,8% e un 4,7%, respectivamente, do mesmo xeito que os medicamentos (+1,8%), o transporte (+2,3%), as comunicacións (+4,3%), o lecer e a cultura (+5,9%) e os hoteis, cafés e restaurantes (+6,5%).

Pola súa banda, os únicos produtos que baixaron de prezo o mes pasado foron a vivenda, cunha caída do 19,7%, e o ensino, que caeu un 0,9% respecto de agosto de 2022. No que vai de ano, os prezos en Galicia subiron un 2,9% e a variación mensual de agosto respecto de xullo foi do 0,8%.

DATOS ESTATAIS

Unha persoa compra alimentos nun mercado
Unha persoa compra alimentos nun mercado | Fonte: Carlos Castro - Europa Press - Arquivo

A nivel español, o IPC aumentou un 0,5% en agosto en relación ao mes anterior e elevou tres décimas a súa taxa interanual, ata o 2,6%, debido, principalmente, á subida dos prezos dos carburantes e lubricantes para vehículos persoais e dos combustibles líquidos. O prezo dos alimentos, pola súa banda, moderou tres décimas o seu crecemento, ata o 10,5%.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta