Temas: IMAXE

Estas aí?... Gorka?

Hoxe temos connosco a Gorka Otxoa, un grande actor español e concretamente un dos meus favoritos, e iso que non son eu moito do cine made in Spain, todo hai que dicilo, pero é que este rapaz non só ten talento, senón bo ollo para aceptar proxectos. Quedei con el no estudo de Espazo Mood en Madrid, e ofreceunos unha breve entrevista en exclusiva para a sección Obxectivo. Aproveitando que está actualmente co proxecto teatral "Continuidad de los parques" xunto con outros grandes do panorama do cine español.

Por Sue Rainbow | Madrid | 11/05/2015 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

Estas aí?... Gorka?

Gorka Otxoa por www.suerainbow.es
Gorka Otxoa por www.suerainbow.es

Chamoume moito a atención que a páxina web co teu nome é dunha fan que se dedica a subir todo o teu traballo... menos mal que non tocou a tola correspondente non? Porque hai cada caso... que asusta... Como te fai sentir este feito concreto? Porque por unha parte supoño que te afaga, pero por outra... estante fodendo o nome se quixeras facer ti unha web co teu propio nome non? Parece complicado...

É moi "maja" e cúrrao moito. E ela adiantouse e pillou o nome antes, así que, que vou dicir?... ademais por agora non teño web miña, ou sexa que ningún problema.

En 2009 fuches premiado como o mellor actor revelación polo Pagafantas, algunha vez fuches un "pagafantas"?, porque así a simple vista non o pareces, jaja

Jejeje! Eu sempre dixen que ninguén se libra de ter sido pagafantas algunha vez na vida, así que por suposto que non son unha excepción.

Gorka Otxoa por www.suerainbow.es
Gorka Otxoa por www.suerainbow.es

Que fas un mércores calquera?

Pois de todo, pero os findes, cando podo e non teño xira de Continuidad de los Parques, represento no Teatro Fígaro a dramedia Los Miércoles No Existen, estamos coa cuarta tempada en Madrid e rodamos a película tamén. Un proxecto moi especial.

Que prefires... chocolate ou limón?

Pois ultimamente tomo un zume de limón nada máis espertar. É bo para o corpo!!

Que farías se foses un home lobo? A parte de comer a quen se te puxera diante

Pois poñería a comerme á maioría dos políticos e banqueiros coma se non houbese un mañá.

Cóntame... como pasou isto de meterte a actor e non a informático?

Molaba me moito, así que xa me apuntei no grupo de teatro do instituto e con 17 anos tiven a sorte de empezar a currar nisto ata hoxe. Aínda que mentres tanto non me saquei a carreira de informática pero si a de psicoloxía.

Que é o que máis che gustaría facer en Galicia, unha obra de teatro, gravar unha película?

Jejejeje! A verdade é que currado bastante en Galicia e teño bo recordo. De feito, aínda nos quedan algúns bolos de Continuidade dos Parques por aí; Santiago, Ourense, Pontevedra... Aí esperamos a todo o que queira vir a pasar unha divertida hora e media.

Gorka Otxoa – actor - http://www.gorkaotxoa.com/

Entrevista y fotos por www.suerainbow.es

Agradecimientos http://www.espaciomood.com

Temas: IMAXE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta