Rueda apoia ás protestas contra Sánchez: "Hai que reaccionar se nos queren impoñer unha amnistía inxusta"

O presidente galego apoia o argumentario do PPdeG e sae en defensa de Aznar: "Non pode molestar que a xente proteste".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/09/2023 | Actualizada ás 14:47

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta e líder dos populares galegos, Alfonso Rueda, tamén estará na gran mobilización que o seu partido convocou para o domingo, 24 de setembro, en Madrid en contra das "supostas" cesións que Pedro Sánchez está facendo aos independentistas cataláns para a súa investidura.

O expresidente do Goberno José María Aznar intervén no XX Congreso do PP que se celebra en Sevilla.. EDUARDO BRIONES (EP)
O expresidente do Goberno José María Aznar intervén no XX Congreso do PP que se celebra en Sevilla.. EDUARDO BRIONES (EP)

"Pero como é posible que o PP organice unha gran protesta en contra dunha suposta investidura que aínda non está convocada porque a única investidura prevista é a do líder do seu partido?. Como se pode protestar por supostas cesións a Sánchez se quen vai á investidura é Feijóo?". Foi a pregunta que se lle fixo este xoves a Rueda na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. "Os que están negociando non queren contalo e o que se sabe é o que se está filtrando. Por iso hai moita preocupación", contestou.

"E se foran conversas transparentes pois todo o mundo sabería ao que aterse pero todos sabemos do que estamos falando porque o señor Puigdemont xa o dí e hai que reaccionar porque nos queren impoñer unha amnistía inxusta", respondeu Rueda asegurando que por iso el tamén apoia esta nova estratexia do seu partido e acudirá a esa protesta de Madrid. Con todo, o seu partido tamén organizará un acto esta fin de semana en Santiago en contra das supostas cesións de Sánchez.

Unha mobilización da que xa falou, antes que ninguén, o ex presidente do Goberno español, José María Aznar, a pesar que a dirección popular desvincule esta protesta dos desexos do ex mandatario popular. "Ninguén pode molestarse porque a xente queira protestar que é o que pide el", apuntou Rueda esquivando tamén esa suposta inxerencia de Aznar nas decisións do PP.

Neste sentido, saíu en defensa da estratexia de Feijóo e negou que exista diferencias sobre a mesma. "Eu enteno os movementos que fai Feijóo e outra cousa é a confusión que queiran introducir dende o outro lado para que non haxa investidura", dixo. 

AMNISTÍA OU DESIGUALDADES?

Con todo, Rueda mantivo dúas versións sobre esta protesta. "Non é contra a amnistía senón por romper a igualdade fundamental que temos que ter todos os pobos de España", dixo ao inicio das preguntas sobre este tema. "É porque non se lle pode dar máis a algúns e outros teñamos que perder", indicou en alusión as negociacións de Sánchez. "O PSOE está perdendo a rúa porque está máis nos despachos", engadiu.

Sobre a protesta en Madrid, o presidente galego dixo que non ten coñecemento de como vai ser. "Hai xuntanzas internas pero neste momento non sei máis datos", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Sentidiño

Rueda apoia as protestas contra Sánchez, Rueda apoia Jácome en Ourense, Rueda rexeita o galego no Congreso... Tic tac. Tic tac. Tic tac.