Por Sue Rainbow | Santiago de Compostela | 13/05/2015 | Actualizada ás 17:28
Que plans tes actualmente? TV, CINE, TEATRO?
Participo na segunda tempada de Casa Manola. Estar alí é como estar na casa. Cuns xa tiven a sorte de traballar en Persoal Movie, e a outros os coñecín agora e é marabilloso. Fluído e prácido. Contenta!!! Por outra parte escribindo varias cousas ,entre elas unha curta coa gran Déborah Vukusic. a idea débolla á miña amiga Chus.
Un malentendido habitual que te fastidie?
Calquera relacionado co corrector ortográfico, aínda non chega a fastiarme jajaja!! O último malentendido coa miña nai: Despois de enviarlle un accidentado email polo móbil ,no super, coas bolsas da compra e os peques , despedíame poñendo algo así como: “Besazosss Jiménez eseamor meu”. O mercores a miña nai respondeume rapidamente pedíndome que lle contase máis dese tal Jiménez do que non lle falara ata agora!!
Se tiveses que encarnarte noutra persoa ou animal a quen elixirías?
Cada persoa é un universo infinito de luz e maxia ,pero se tivese que elixir...molaría mirar a través dos ollos de José Martí,saborear a vida e esmiuzala coas súas mans ,bebela enteira cos seus beizos. tamén atráeme a enerxía e a vontade da miña avoa, a súa forza, o seu riso e a súa mirada. E encántanme o cervo ,o cóndor e o folfiño.
No meu traballo é un continuo regalo. Cada personaxe é un portal que se abre, e se non nos resistimos, a diversión está asegurada.
Que opinas sobre a falsa xustiza en España e como poderiamos loitar contra ela?
Na miña experiencia ,todo aquilo contra o que loito e quero arrincar da miña vida permanece con máis teimosía. Se enfocaramos as nosas enerxías no que realmente queremos, noo que nos entusiasma e apaixona ,se foramos conscientes de que o cambio empeza en nós, outro galo cantaría.
Cando eras unha nena que querías ser?
Doutora. Receitaba aos meus familiares e peluches á temperá idade de 4 aniños as pastillas do estómago, para a dor de cabeza e cremas cutáneas para a dor de gorxa. Logo veu o de querer ser actríz...menos mal!!
Que recomendas para afogar as penas... E se saben nadar?
Jajaja!!! En alcohol seguro non!! Saben nadar estupendamente as moi pillabanas e o alcohol ten a capacidade de multiplicalas e darlle un punto fantasmagórico. Ademais, como as balenas, aguantan moito tempo debaixo da auga, así que en calquera momento volven á superficie a facer das súas.Tampouco é recomendable usalas de almofada ,escudo ,micrófono ou condimentos alimentarios jajaja!! Eu o que fago coas penas é miralas fixamente aos ollos ,con xentileza. No adoitan soster por moito tempo a mirada.
Que adoitas facer diante do espello cando estas soa na casa?
O pallaso ou o patético...depende do día. No me vas a arrincar nin unha palabra máis :D
O teu canto favorito de Santiago?
Recordo que cando visitei a miña gardaría ,varios anos despois me sorprendín ao comprobar que os tobogáns que recordaba enormes me chegaban á cintura , e que un tren que me parecía interminable medía apenas dous metros. A cousa é que crecera,claro!! O patio seguía exactamente igual, a que cambiara era eu. Así que un mesmo lugar pode ser o ceo ou o inferno ,depende do ollo que o mire. E volvendo á pregunta :D indubidablemente o meu sitio preferido é calquera lugar onde estean as miñas amigas.
Yelena Molina
Actriz
Web http://www.albaiceta.es/actrices/ficha/80/yelena-molina
Fotos y entrevista por www.suerainbow.es
Agradecimientos Foto Estudio Santamarina – Rua Doutor Maceira, Nº 24 ( Stgo )
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.