Xulgan a un home por abusar sexualmente dunha muller en Cambados aproveitándose de que bebera moito previamente

A sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra xulgará o día 21 a un home acusado de abuso sexual, para o que Fiscalía pide unha pena de seis anos de prisión.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/09/2023 | Actualizada ás 11:19

Comparte esta noticia

A sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra xulgará o día 21 a un home acusado de abuso sexual, para o que Fiscalía pide unha pena de seis anos de prisión. No seu escrito de cualificación, o Ministerio Público sinala que o home, sobre as tres da madrugada do 29 de agosto de 2021, parou o seu coche ao ver á vítima, na localidade de Sanxenxo.

Fíxoo ao comprobar que non podía sosterse de pé como consecuencia dunha previa inxesta de bebidas alcohólicas. Logo levouna no seu vehículo ao domicilio desta, sito en Cambados. Alí, producíronse os feitos, que Ficalía cualifica como constitutivos dun delito de abuso sexual, por unha penetración sen consentimento da vítima. Para ela pide unha indemnización de 3.000 euros.

Audiencia Provincial de Pontevedra
Audiencia Provincial de Pontevedra | Fonte: Confilegal - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta